FOTOGRAFÍA EN CURSO
Presentación e desenvolvemento da actividade.
- Desde a imaxe.
- Desde o son.
- Desde a imaxe en movemento. (Na seguinte páxina deste blog)
Actividades educativas temáticas relacionadas coa imaxe, e o son nas que participan estudantes de 4º da ESO do IES A Basella e os Departamentos de Inglés, Música e Plástica.
Desde a imaxe: En Plástica.
- Actividade inicial “Fotografía e realidade”: Unha experiencia profesional. Charla impartida por José Chazo. Fotógrafo e creativo da imaxe.
- Ferramentas de traballo. A cámara e aspectos técnicos.
- Achegamento a o tema “Espazos Baleiros”.
- O noso primeiros espazo Baleiro. (Práctica en grupo)
- Práctica individual dunha selección de 5 fotos en saídas polos arredores do Centro.
- Práctica sobre un tema a elección do estudante. Mínimo 5 e máximo 10.
- Blog de “Producións do Con”.
- Exposición no noso centro.
Espazos Exteriores |
Desde o son: En Música.
Qué tratamos?O traballo sobre o son fíxose cos alumnos desde o punto de vista dos espazos sonoros.
O tratamento do espazo foi a partires do achegamento a músicas non habituais no mundo adolescente, e partindo de unha visión do espazo baleiro coma un espazo cheo ( ondas radioeléctricas que non vemos pero si sabemos que están, partículas en suspensión e gases que rechean e crean a presión atmosférica, en definitiva o que supón un espazo cheo aínda que calmo).
Como o tratamos?
- Coñeceron o concepto platónico da harmonía das esferas: un son que está pero que non podemos percibir polos nosos sentidos.Tamén o concepto de música pura non descritiva.
- Vimos un concerto titulado Espazos Sonoros, feito en Cantabria nun ciclo de concertos escolares, patrocinado pola Fundación Botín , conducido por Luciano Gómez Sarmiento, con fragmentos de Murray Shafer (Cuarteto nº 11),Toshio Hosokawa (Landscape I ) , Antonin Dvorak (Los cipreses y Carta de amor antiga) interpretadas polo Cuarteto de Corda ?Lafayette ? de Canadá e relacionado coas músicas non habituais deles e encadradas dentro da chamada Música Contemporánea.
- Outras novas músicas escoitadas por eles, para poder ter unha nova visión e afastarse dos estereotipos e clichés , foron músicas contemporáneas experimentais de Schaeffer, Stochausen, e algunha música máis popular do tipo OXÍXENO de Jean Michel Jarrexunto co outras de estilo Chill Out.
Espazos sonoros
Espazos de Son from manubus on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario